Escolares vigueses visitan o hotel do terror neste Samaín
Publicado o 30/10/2019 14:47
Entran no hotel do terror para facer o recorrido á tenue luz dos calacús e, rodeados de teas de araña e pantasmas, pronto se atopan cos seus terroríficos hóspedes.
E nesta hospedaxe arrepiante, o que máis sorprende é que estes pequenos, que non pasan dos seis anos, aseguran que non pasan medo.
E é que esta celebración é a escusa perfecta para traballar cos seus profesores o manexo de emocións coma o medo.
Nesta actividade participa toda a comunidade educativa. Tamén os pais e nais, tan metidos no papel que parecen auténticos profesionais.
Para saír sans e salvos deste hotel os pequenos deben descifrar segredos e participan nun espectáculo de maxia para rematar con sorrisos e a todo ritmo nunha arrepiante discoteca.