CRTVG

Buscar

Escolares galegos participan en Costa Rica no I Campus Climántica da América Latina

Publicado o 21/04/2019 21:57

Acaban de chegar de Costa Rica, onde participaron no I Campus Climántica da América Latina, patrocinado pola Unesco. Durante dúas semanas, traballaron en equipos multiculturais elaborando contidos teatrais, musicais e audiovisuais para concienciar a sociedade do problema do cambio climático. En total, fixeron tres curtametraxes e un musical que agora van difundir a través das redes.

O campus forma parte do proxecto Climántica, que botou a andar o mestre galego Francisco Soñora hai trece anos. Convertido nunha iniciativa internacional, xa foi recoñecido polo enviado especial das Nacións Unidas para o Cambio Climático. 

Noticias web

21/04/2019