Escolares gravan en Navantia a ritmo de muiñeira un vídeo para as Letras Galegas
Publicado o 10/05/2019 21:04
Nas instalacións de Navantia Ferrol celebraron por adiantado o día das Letras Galegas. Unha megaclase de baile tradicional: 660 alumnos de 22 colexios de Ferrol, cos seus respectivos mestres e un grupo de operarios de Navantia converteron esta mañá unha nave do estaleiro nun mar de muiñeira. Fixérono ao son da peza Ei, os de Sergude!, interpretada pola Banda das Crechas.
O obxectivo era gravar un vídeo para YouTube. A actividade foi organizada co gallo do Día das Letras Galegas, por iso vai ser precisamente o 17 de maio cando o colguen en YouTube.
A idea xurdiu no Centro de Formación e Recursos do profesorado desta comarca como unha maneira de facer que a danza tradicional forme parte dos contidos escolares.