CRTVG

Buscar

Escolares de Verín aprenden sobre lingua e xornalismo co proxecto #DígochoEu

Publicado o 07/02/2020 19:47

O #DígochoEu achegouse hoxe ao instituto de Verín onde estudou a súa presentadora Esther, quen agora é a protagonista dos vídeos que emiten nos corredores do centro. Estes alumnos participarán nun dos seus seguintes programas.

Foi unha sorpresa para os cativos que non contaban con que o programa se gravara cun móbil e que coñecen o #DígochoEu porque os seus profesores o empregan como material nas clases. Porque aprender tamén pode ser divertido e humor non lles falta.

Xa saben, un capítulo ao día de menos dun minuto cun consello para falar galego, que xa ten seguidores en varios lugares de Europa e mesmo no Xapón.

Noticias web

07/02/2020