CRTVG

Buscar

Escoitaron falar do 'efecto albornoz'? Estes días en Oia téñeno claro

Publicado o 24/10/2019 21:30

Escoitaron falar do 'efecto albornoz'? Se é así, xa saben que é como algúns especialistas en termalismo medicinal mariño definen o seu procedemento terapéutico, complementario aos tratamentos habituais e centrado no benestar do paciente. Un grupo de expertos reúnese hoxe e mañá nunhas xornadas que se celebran en Oia.

As enfermidades da pel saben que na auga de mar teñen unha aliada, por iso as guías médicas recomendan tratamentos especializados en centros de talasoterapia. 

Os expertos reunidos en Oia no I Foro de Auga de Mar e Algas Mariñas reivindican o aspecto medicinal do termalismo mariño, tamén para pacientes oncolóxicos e para postoperatorios. Consideran estes centros como terceiro espazo de saúde, logo dos sanitarios e do fogar do paciente porque, aseguran, neles se produce o 'efecto albornoz'.

Este foro está organizado pola Universidade de Vigo, o centro Talaso Atlántico, a Sociedade Galega de Talasoterapia e a Asociación Iberomericana de Peloides Termais. 

Noticias web

24/10/2019