Escasos controis nas fronteiras entre Galicia e Portugal na ponte festiva
Publicado o 05/12/2020 14:00
A vella ponte internacional apenas rexistra tráfico ás once da mañá, pero malia ter unha eurocomisaría próxima non existen controis. Do outro lado da raia, tras a ponte nova a circulación entre Galicia e Portugal por autoestrada tamén é mínima. Algúns posúen salvoconduto para circular e outros fano para atender os seus quefaceres cotiáns.
No interior de Valença tamén se bota en falta a presenza dos turistas españois.
Fontes da Subdelegación do Goberno en Pontevedra confirmaron a TVG que hai 132 controis móbiles da Garda Civil para supervisar o peche perimetral da comunidade Galega, pero que as fronteira non están pechadas.