CRTVG

Buscar

Escasos controis na fronteira de Galicia cando decae o estado de alarma en Portugal

Publicado o 01/05/2021 14:16

Pouco movemento en Salvaterra no primeiro día de apertura en Portugal

• Fontes da Delegación do Goberno confírmanlle á Televisión de Galicia que prevalece o peche autonómico

Os galegos aínda non poden cruzar por esas restricións que confirmaban á Televisión de Galicia fontes da delegación do goberno. Non é así noutras comunidades: en Castela e León, Estremadura e Andalucía, a pesar de estar perimetradas tamén, as delegacións do goberno si permiten a libre circulación de cidadáns na fronteira. 

Puidemos comprobar durante a mañá que a maioría dos que cruzaban non o facían por traballo ou un motivo xustificado, tanto galegos como portugueses, e primaban as razóns turísticas e comerciais.

Vimos tamén moita alegría e alivio de que a eurorrexion volva estar conectada. A canda todo isto, unha notable confusión de se se podía cruzar ou non de Galicia a Portugal, país no que xa non hai estado de alarma vixente.