CRTVG

Buscar

Escasean os xoguetes polo encarecemento do transporte e as materias primas

Publicado o 13/10/2021 14:57

Este ano os Reis Magos poderían ter problemas para atopar algúns dos agasallos que pedimos. Algúns encarecéronse pola suba de prezos nas materias primas. No caso do poliéster, por exemplo, nun 90 por cento. Ademais, hai escaseza dalgúns xoguetes por mor do atraso do transporte desde lugares como China. Na rúa non semella haber aínda moita preocupación.

Pero os xogueteiros advirten. Problemas tamén en canto aos produtos tecnolóxicos. Algúns acumulan meses de atraso. A China, o gran provedor mundial, está a tardar ata cinco semanas máis do habitual en subministrar produtos, e ademais cun encarecemento do 400 por cento. Malia todo, no sector loxístico transmiten tranquilidade. Din que, como moito, poderían esgotarse os produtos máis de moda, como ocorre en moitas campañas.

Noticias web

13/10/2021