CRTVG

Buscar

Escasa participación nunha concentración a favor de Macri na súa residencia

Publicado o 03/08/2019 12:50

Tan só unhas cen persoas concentráronse na porta da residencia oficial do presidente arxentino, Mauricio Macri, nunha convocatoria realizada por redes sociais co obxectivo de apoialo, a nove días das eleccións primarias no seu país.Cada coalición presenta un candidato a estas eleccións, previstas para o 11 de agosto. O actual presidente ten un 38,5% de intención de voto fronte ao 40% que ten o candidato opositor, o peronista Alberto Fernández.

Noticias web

03/08/2019