Alertan contra intentos de estafar os traballadores afectados por un ERTE

O Ministerio de Traballo e os sindicatos advírtelles aos traballadores afectados por un expediente de regulación temporal de emprego como consecuencia do estado de alarma que non lle envíen a ninguén o seu número de conta bancaria.
Nos últimos días detectáronse intentos de fraude a través de mensaxes SMS remitidas aos teléfonos móbiles e tamén medidante chamadas telefónicas.
¡Atención! Si recibes un SMS comunicándote la aprobación de un #ERTE en tu empresa y te pide un nº de cuenta para gestionar la prestación ¡NO RESPONDAS, es un intento de FRAUDE! Son las empresas quienes nos comunican todos los datos Denúncialo en fraudeinternet@policia.es pic.twitter.com/wGDgBm5DGs
— SEPE (@empleo_SEPE) March 26, 2020
Son centos de miles as persoas afectadas en España por un ERTE, desde que entraron en vigor as medidas aprobadas polo Goberno ante a pandemia do COVID-19, e moitas delas xa recibiron no seu teléfono móbil mensaxes que aparentemente ofrecen axuda para poder percibiren a prestación por desemprego. Nesas mensaxes pídenlles un número de conta para xestionar a prestación.
Na provincia de Zamora detectouse este intento de estafa, pero a través de chamadas telefónicas en que Outra variante deste tipo de estafa, que xa se detectou en lugares como Zamora, é mediante chamadas telefónicas por parte de persoas que se identifican como traballadores do Servizo Público de Emprego Estatal.
Nos dous casos trátase dun intento de fraude. Sempre é a propia empresa que aproba o ERTE a que comunica ao SEPE os datos do traballador.
Ante o alcance destes envíos de mensaxes, tanto o Ministerio de Traballo coomo os sindicatos e mesmo algúns concellos alertaron os cidadáns a través das súas contas oficiais.