CRTVG

Buscar

'Eroski Paraiso' chega este venres aos cines do país

Publicado o 13/12/2019 15:56

Logo dos 30.000 espectadores como obra de teatro e de estar publicada nun libro, 'Eroski Paraíso' convértese en película. Dirixida por Xesús Ron e Jorge Coira, xa a poden ver en seis salas do circuíto galego.

'Eroski Paraíso' conta a historia de Álex, unha rapaza que intenta rodar un documental sobre como se coñeceron seus pais nunha discoteca de Muros. Un centro de lecer que hoxe en día é un supermercado. A partir desa anécdota, os Chévere reflexionan con humor sobre a identidade, a emigración ou a vida nas vilas costeiras de Galicia.

Noticias web

13/12/2019