CRTVG

Buscar

Eriksen recupérase logo dun esvaecemento que marcou a xornada da Eurocopa

Publicado o 13/06/2021 13:14

A Christian Eriksen puidolle o corazón e levou o pánico o estadio nun derbi nórdico inédito na Eurocopa. Ninguén podía velo, nin crelo. Nin os compañeiros, nin a súa parella Cristina Kvist, consolada por Schmeichel. A partir de ahí, o partido, suspendido durante hora e media, foi o de menos. Gañou Finlandia gracias a este gol de Pohjanpalo, dianteiro do Unión de Berlín. E Dinamarca, aínda sen repoñerse do susto foi incapaz de marcar nin de penalti porque Hradecki, o meta do Bayer Leverkusen, lle detivo o lanzamento a Hojberg.

Quen decidiu homenaxear a Eriksen foi o seu compañeiro no Inter, Lukaku, chave na vitoria de Bélxica ante Rusia por tres a cero. O dianteiro foi o encargado de abrir e pechar o marcador con dous tantos que o colocan á fronte dos realizadores. O outro foi obra de Meunier que tamén participou no terceiro tanto asistindo a Lukaku.

Mentres, a Suíza dos galegos Ricardo Rodríguez e Loris Benito, empatou a un con Gales. Os dous goles chegaron a balón parado, o primeiro de Embolo para os helvéticos. E a igualada lograda por Moore para os galeses nunha xornada marcada polo corazón e a cabeza.

Noticias web

13/06/2021