CRTVG

Buscar

ERC ve preto o acordo de goberno con Junts

Publicado o 03/05/2021 18:35
ERC ve preto o acordo de goberno con Junts

Esquerra Republicana di que ve preto o acordo de goberno con Junts per Cat. Despois de que o pasado sábado expirara o ultimato da formación republicana, a súa voceira falou hoxe dun punto de inflexión nas negociacións e augurou que o acordo pode ser cousa de horas. Nun ton moi distinto, Junts per Cat advertiu que aínda non hai nada pechado e mesmo abriu a porta a que as negociacións cheguen ata o 26 de maio, data límite para evitar a repetición electoral.