ERC non descarta gobernar en solitario se non logra un acordo con Junts e os comúns
O gañador das eleccións, Salvador Illa, xa contactou con todos menos co líder de Vox. Nos próximos días iniciará unha rolda de conversas presenciais. Anunciaralles que presentará a súa candidatura a presidir a Generalitat coa intención de encabezar un executivo de esquerdas. Necesita, para iso, sumar a Esquerra Republicana, que non recolle o guante. Aragonés tamén presentará a súa candidatura a liderar un goberno independentista ou mesmo en solitario.
"Esquerra Republicana está preparada para, chegado o acaso, gobernar en solitario, pero non queremos", asegura Aragonés.
Esquerra republicana pretende sumar os Comúns, unha estratexia que Junts per Cat non están dispostos a aceptar.
"Nós queremos unha maioría independentista e que quen goberne teña unha maioría idependentista", di Jordi Sanchez, secretario xeral de Junts per Cataluña.
A terceira forza independentista, a CUP, xa non descarta ningún escenario e amosouse disposta a formar parte do goberno, coas catro condicións que detalla.
Mireia Vehí: "Referendo, fin da represión, plan de choque e rescate social e transición ecolóxica".
Se as negociacións avanzan, a investidura podería ser a finais de marzo.