CRTVG

Buscar

ERC, JxCAT, CUP e PDeCAT levan ao Congreso unha lei de amnistía para os presos do 'procés'

Publicado o 15/03/2021 18:23
ERC, JxCAT, CUP e PDeCAT levan ao Congreso unha lei de amnistía para os presos do 'procés'

Os partidos independentistas cataláns rexistrarán mañá no Congreso unha lei de amnistía para os presos do procés. A proposta defende liberar todos os condenados por actos de intencionalidade política desde o un de xaneiro de 2013. Incluiría os presos polo referendo do 1 de outubro, e tamén os condenados pola consulta soberanista de 2014. Todo indica que a lei nace morta, posto que o PSOE xa anunciou que a rexeita.

Noticias web

15/03/2021