CRTVG

Buscar

ERC, Junts e a CUP chegan a un acordo para a investidura

Publicado o 12/05/2021 16:49
ERC, Junts e a CUP chegan a un acordo para a investidura

En Cataluña, os partidos independentistas acaban de alcanzar un acordo para desencallar a investidura de Pere Aragonès.

Tras dúas horas de reunión, Esquerra, Junts e a CUP asinaron pacto de mínimos e emitiron un comunicado conxunto en que se comprometen a "un grande acordo nacional pola autodeterminación". Separar a estratexia independentista da formación de goberno era unha das esixencias do partido de Carles Puigdemont.

O acordo afasta a posibilidade dunha repetición electoral, que se daría se Aragonès non fose investido antes do 26 de maio.

Noticias web

12/05/2021