CRTVG

Buscar

ERC inicia coa CUP as negociacións para unha investidura rápida

Publicado o 16/02/2021 17:26

A dirección de Esquerra Republicana decidiu que comezará coa CUP, e non con Junts, a rolda de contactos para intentar formar goberno. Xa teñen equipo negociador, que será moi similar ao que negociou co PSOE a investidura de Pedro Sánchez.

Tamén teñen clara a estratexia, que pasaría por sumar os independentistas e mais os comúns para facer un goberno proamnistía e prorreferendo, en palabras de Pere Aragonès. Pero os vetos cruzados entre Junts e a formación morada dificultan esta fórmula.

Mentres, o socialista Salvador Illa tamén mantén conversas con vistas á súa investidura, e o PSC non renuncia á presidencia do Parlamento de Cataluña.

Noticias web

16/02/2021