CRTVG

Buscar

ERC e JxCat chegan a un acordo para a investidura e evitar novas eleccións

Publicado o 17/05/2021 08:45

Foto:EFE

ERC e JxCat anunciaron este luns á mañá que as dúas formacións pecharon un principio de acordo para desatrancar a investidura de Pere Aragonès, formar un goberno de coalición e, deste xeito, evitar que se teñan que repetir as eleccións en Cataluña.

O pacto confirmouse esta mañá, despois de tres meses de negociacións e a piques de rematar o prazo para evitar unhas novas eleccións. O propio Aragonès e Jordi Sánchez pecharon e explicaron o acordo.

Entre as novidades, Junts terá a vicepresidencia e as consellerías de Saúde e Economía. Esquerra asume por primeira vez o departamento do Interior. Din que aseguran un Goberno forte para avanzar cara á independencia.

Noticias web

17/05/2021