CRTVG

Buscar

ERC e JxCat acúsanse de dinamitar o acordo entre ameazas de eleccións

Publicado o 10/05/2021 22:13
ERC e JxCat acúsanse de dinamitar o acordo entre ameazas de eleccións

EFE

EFE

As deterioradas relacións entre ERC e JxCat están a tocar fondo nas últimas horas, con acusacións cruzadas de dinamitar as negociacións para formar goberno, o que pode arrastrar a Cataluña a unha repetición electoral en xullo. Tanto ERC como JxCat aseguran que o último que desexan son unhas novas eleccións, pero agora mesmo as súas posicións están tan enrocadas que, se nada cambia nos próximos 16 días, o 26 de maio expirará o prazo límite para investir a un novo presidente e haberá repetición electoral, hipótese da que xa se culpan mutuamente.

A baralla rompeu este pasado sábado, cando o candidato de ERC á presidencia da Generalitat, Pere Aragonès, anunciou que xa non seguiría negociando un goberno de coalición con JxCat, case tres meses despois das eleccións do 14 F, e que a partir de agora só contemplaría gobernar en solitario. Esquerra só negociará a partir de agora un Govern en solitario, co apoio externo de JxCat, a CUP e os comúns. 

Os plans de ERC pasan por investir urxentemente a Aragonès, empezar a gobernar en solitario e, ao longo da lexislatura, exporse a incorporación de JxCat ao Govern: Aragonès afirmou en TV3 que desexa contar cos 32 votos de JxCat para ser investido, aínda que rexeitou renegociar unha coalición antes da súa investidura. Pero non está nada claro que JxCat ceda os seus votos para investir a Aragonès se non hai acordo de goberno: de feito, o secretario xeral de JxCat, Jordi Sànchez, urxiu a ERC a "reconducir" a negociación, para facer posible un novo Govern de coalición, e descartou "regalarlle" votos para permitir a súa investidura.