ERC e Junts per Cataluña negocian o futuro goberno da Generalitat no cárcere de Lledoners
Publicado o 27/04/2021 20:01
Cumio de Esquerra Republicana e Junts per Cataluña no cárcere de Lledoners. Os partidos independentistas negocian o futuro goberno da Generalitat dentro da prisión, nunha reunión á que asisten, entre outros, o candidato a presidente, Pere Aragonés, e o secretario xeral de Junts, Jordi Sánchez, encarcerado desde hai máis de tres anos.
Un mes antes de que expire o prazo, a xuntanza busca desbloquear as negociacións para formar goberno. Está previsto que falen por primeira vez do repartimento de consellerías entre ambas formacións.