ERC descarta listas unitarias independentistas para as eleccións municipais
Publicado o 28/01/2019 08:18
Esquerra Republicana descarta formar listas conxuntas independentistas para as eleccións municipais de maio.
Rexeitan así o chamamento de unidade do presidente da Generalitat, Quim Torra, durante o congreso constituínte da Crida Nacional per la República, o movemento impulsado por Puigdemont. O candidato de Esquerra á alcaldía de Barcelona, Ernest Maragall, dixo que o seu traballo non consiste en solucionar os problemas de unidade do centro dereita catalán. E cre que Barcelona sairía perdendo cunha candidatura unitaria independentista, aínda que non rexeita pactos despois das eleccións.