ERC decide este xoves se facilita a investidura de Pedro Sánchez
53 días despois das eleccións, o calendario marca este xoves como o día clave para despexar o futuro de Pedro Sánchez. Despois de semanas de negociacións, o Consello Nacional de Esquerra Republicana decidirá a posición do partido na investidura. Todo fai pensar que os 13 deputados republicanos acabarán absténdose. O propio PSOE conta con eso, e espera que Pedro Sánchez poida ser elixido presidente o próximo martes, na segunda votación.
Aínda así, o pacto entre o PSOE e Esquerra ameaza con pasarlle factura ás dúas formacións: os socios dos republicanos no Parlamento catalán repróchanlle que non negociaran en nome de todo o independentismo, e acúsanos de seren desleales co presidente Quim Torra.
Dentro das filas socialistas varios baróns amosaron públcamente as súas discrepancias coas condicións en que se negociou a abastención de Esquerra, e critican sobre todo, esa consulta aos cataláns que se inclúe no acordo, da que non hai moitos detalles pero que algúns ven como un referendo encuberto.
A Executiva do pardido terá que avalar o próximo venres ese acordo con Esquerra, e tamén o alcanzado co PNV e con Unidas Podemos. Tan só un día antes de que arranque o pleno de investidura, que, algo insólito, vaise celebrar na fin de semana de Reis.