CRTVG

Buscar

ERC convoca o seu consello o xoves e propón a abstención a Sánchez

Publicado o 30/12/2019 21:03

A executiva de ERC acordou este luns trasladar ao seu consello nacional, convocado para o próximo día 2 de xaneiro ás 17 horas, a proposta de absterse e facilitar así a investidura do líder do PSOE, Pedro Sánchez. Así o anunciou a portavoz da formación, Marta Vilalta, tras a reunión da executiva ampliada de ERC esta tarde, celebrada despois de facerse público o informe da Avogacía do Estado sobre o caso de Oriol Junqueras e tras lograr -sinalou- o recoñecemento de que hai un "conflito político" e pactar unha "mesa de negociación entre gobernos".

"Somos escépticos e non queremos ser inxenuos, cústanos crer no PSOE e no Goberno, pero cremos que é unha oportunidade para o independentismo que queremos aproveitar, que temos a obrigación de aproveitar. Vale a pena tentalo", afirmou Vilalta nunha conferencia de prensa.