ERC advírtelle ao PSOE que non aceptará chantaxes na negociación
Publicado o 16/12/2019 20:40
Nin o PSOE nin Esquerra desvelan como van as negociacións. Os independentistas cataláns insisten en que non teñen présa, e deixan claro que non aceptarán presións nin chantaxes.
Marta Vilalta, ERC: "A chantaxe non funciona para cambiar as nosas posicións, as presións non funcionan. O único que nos vai facer cambiar é que para solucionar este conflito político se abra a vía política".