CRTVG

Buscar

Envorca un camión de grandes dimensións nunha rotonda de acceso a Ourense

Publicado o 07/05/2021 13:37
Envorca un camión de grandes dimensións nunha rotonda de acceso a Ourense

Unha formigoneira envorcou en plena rotonda de acceso a cidade este mediodía. O condutor do camión logrou saír polo seu propio pé pero foi atendido por unha ambulancia medicalizada no lugar.

Non se coñecen, polo momento, as causas do accidente, en que traballaron bombeiros e Policía Local e no que foi necesario cortar o tráfico na rotonda. Están á espera dun guidantre para retirar o camión, de grande envergadura.