CRTVG

Buscar

Entroidos de toda Galicia amosan a súa diversidade nun desfile en Ourense

Publicado o 04/05/2019 21:30

Ourense converteuse hoxe, máis ca nunca, na capital do Entroido de Galicia. Polas súas rúas desfilaron personaxes de preto dunha decena de entroidos dos máis representativos da nosa comunidade.

Puidemos ver dende os cigarróns de Verín ou as pantallas de Xinzo ata os xenerais da Ulla ou as madamas e o galáns de Cobres, en Vilaboa. Sol e calor lémbrannos que non estamos en tempo de Entroido.

Abrindo o desfile, os xenerais da Ulla; tras eles, o bater de vexigas das pantallas ou as danzas cheas de cor dos volantes do Entroido ribeirao de Chantada. Divertirse e participar na festa é obriga, aínda que esteamos no mes de maio. O Entroido manda.

A zona vella de Ourense foi o escenario dun desfile que pretende dar a coñecer a riqueza cultural e a diversidade de entroidos que hai en Galicia. A pegada de nove entroidos únicos, cada dun coas súas peculiaridades que converteron a cidade de Ourense, hoxe máis ca nunca, na capital do Entroido de Galicia.




 

Noticias web

04/05/2019