CRTVG

Buscar

A chuvia obriga a suspender moitos dos desfiles do Martes de Entroido en Galicia

Publicado o 05/03/2019 20:13
A chuvia obriga a suspender moitos dos desfiles do Martes de Entroido en Galicia

O Entroido acabou por renderse: nin sequera na provincia de Ourense puido resistir ante o temporal. Esta tarde decidiron suspender os desfiles na Rúa, Ribadavia, Verín, Maceda e Xinzo. Sumáronse ao Carballiño, que xa cancelara onte. No resto de Galicia tamén suspenderon a maior parte das actividades ao aire libre. Así e todo, hai quen saíu preparado para o que caia.

Vigo

Na cidade olívica suspenderon a queima do Meco.

Santiago de Compostela

A capital galega decidiu cancelar o desfile pola forte chuvia.

A Coruña

Suspendéronse os concertos previstos na rúa da Torre e os concursos foron trasladados ao pavillón da Grande Obra de Atocha.

Ourense

Varias localidades (Ourense, Xinzo, A Rúa, Ribadavia, Verín, Maceda e O Carballiño) suspenderon o desfile.

Outras localidades

A chuvia tamén obrigou a pospoñer para outros días as comparsas, como sucedeu con Boiro, O Grove ou Vilagarcía de Arousa.

Noticias web

05/03/2019