Entrevistamos a Xan Carballa, de Engaiolarte, unha editorial diferente amadriñada por Xohana Torres
Publicado o 25/04/2021 11:30
A editorial Engaiolarte ten só sete anos de vida, unha das súas xoias é a biblioteca Xohana Torres. Entre as súas últimas publicacións, unha escolma de poesía e retratos de Xela Arias, a reedición de 'Tigres coma cabalos' e 'Trazar a mirada', un volume que recolle os cadernos de viaxe inéditos do arquitecto Antonio Palacios.