CRTVG

Buscar

Alberto González: "Na Rede, o anonimato e a distancia entre vítima e estafador dan maior seguridade ao delincuente"

Publicado o 24/12/2019 09:57

Alberto González, sarxento da Garda Civl, dixo hoxe nunha entrevista no 'Bos días' que o aumento dos delitos en Internet vai aparellado ao incremento de operacións e compras a través da Rede.

As estafas son o delito estrela na Rede, porque "a distancia entre vítima e estafador facilita o anonimato e dá maior seguridade o delincuente", dixo. As estafas máis comúns danse nas operacións de compravenda nen que o comprador paga por adiantado a persoas que están a centos ou miles de quilómetros.

"Fiámonos da boa fe da outra persoa, polo que é recomendable facer certas preguntas que nos garantan unha venda lexítima". "O mellor é mercar en sitios próximos ou ir aos clásicos, a empresas seguras", dixo. Despois do Nadal "recíbese uha vaga de denuncias por falsas vendas de produtos que non chegan a destino ou porque chegan moi tarde".

O alugueiro de pisos vacacionais falsos é outra estafa habitual. "Son pisos moi económicos, un chollo, tan baratos que deberían facernos desconfiar", di o experto, que aconsella facer unha busca na propia rede antes de pagar "porque a veces atopamos o anuncio do mesmo piso en cinco ou seis sitios diferentes, o que xa indica que pode ser  fraudulento".

Os cargos en contas bancarias son outras das grandes estafas. Alberto González alerta de que non sempre se deben a hakeo das nosas contas.

"Moitas veces cobran produtos contratados pola propia vítima non digo que voluntariamente, pero sí por non leer as condicións ou termos de servicios aceptados as veces accedendo a anuncios nas redes sociais. En certa forma asumimos contratos que logo queremos cancelar", explica.

Sobre as estafas a través do correos electrónicos, sinala que se fan para roubar datos bancarios ou persoais, e recomendan non falicitar nunca o DNI nin por correo nin nas redes.

En canto ás ofertas de traballo falsas, lembra que as fan supostas empresas de recursos humanos para captar datos persoais cos que logo crean contas bancarias para branquear diñeiro. Tamén neste caso aconsella "evitar dar fotos do noso DNI ou do noso pasaporte porque a nosa identidade é o máis privado que temos".

 

Noticias web

24/12/2019