CRTVG

Buscar

Carmen Pomar: "Imos poñer en marcha os protocolos de dislexia, altas capacidades e discapacidade auditiva"

Publicado o 30/01/2019 14:03

No Bos días, Marcos Sueiro conversa coa conselleira de Educación, Carmen Pomar.

"Temos centros educativos de primeira en Galicia e temos equipos docentes moi bos, moi implicados, moi comprometidos e proxectos educativos pioneiros e innovadores que dalgunha maneira son referencia para outras comunidades autonomas".

Situación do sistema de centros en Galicia

"Afortunadamente, é moi equitativo, que en Galicia é difícil pola situación xeográfica, sociocultural; temos unha dispersión de poboación bastante grande, especialmente en Lugo e Ourense, en que hai centros con menor número de alumnado. (...) Independentemente da zona e da situación, todos os centros educativos traballan arreo, en prol dunha boa educación para os nenos e nenas. (...) Tamén é certo que hai centros que necesitan de arranxos e coidados. Agora acabamos de aprobar un plan de infraestructuras para este ano 2019".

A importancia da orientación

"Nos vindeiros meses poremos en marcha o protocolo de acción e intervención para o alumnado con dislexia nos centros. Verán a luz en concreto tres protocolos: un para alumnado con dislesia, outro para alumnado con altas capacidades e outro para alumnado con discapacidade auditiva. Tamén poremos en marcha en breve un plan de orientación vocacional e profesional dende primaria ata bacharelato".

"Fan falta vocacións científicas nas mulleres".

"A oferta publica de emprego serán 2.064 prazas para 35 especialidades. Vai baixar a taxa de interinidade ao 7 %, tamén hai prazas de promoción interna. O concurso de traslados vai permitir unha maior estabilidade".

O galego e o castelán coexisten harmonicamente

"Temos un modelo de coexistencia do galego e o castelán totamente pacífico, somos un pouco espello para outras comunidades autónomas. Non precisamos que ninguén nos dea recomendacións dende fóra do que facemos ben ou facemos mal en Galicia (en referencia a Ciudadanos e Vox)".

"A FP é unha garantía de futuro neste momento en Galicia. Xa hai máis alumnos estudando FP que bacharalato. A empregabilidade dos alumnos que rematan FP é do 80 % e do 90 cando falamos de FP dual".

A USC vai ter un numero importante de xubilizacións, como di o seu reitor, que pode facer pensar na racionalización e organización do corpo docente e de investigadores. As tres universidades galegas teñen un plan de financiamento que rematará no 2020 e agora estamos traballando no mapa de titulacións porque cada día necesitan actualizacións para adaptalas á sociedade. Tamén temos que dar pulo a investigación porque é fundamental".









 

Noticias web

30/01/2019