Antón Gómez-Reino: "Levamos anos intentando construír un goberno coma este"
Publicado o 07/01/2020 10:31
O representante de En Común Unidas Podemos, Antón Gómez-Reino, asegurou nunha entrevista, poucas horas antes da segunda votación en que está previsto que Pedro Sánchez consiga a confianza do Congreso dos Deputados, que "a nota negativa é que as dereitas non están aceptando o xogo democrático con chamadas ao transfuguismo".
Gómez-Reino asegurou que "levamos anos intentando construír un goberno coma este", e por iso dixo que teñen unha "alta responsabilidade histórica".
Respecto ás posibibilidades de que Yolanda Díaz sexa ministra de Traballo, dixo que hai que agardar a que Pedro Sánchez decida quen vai formar parte do seu goberno, pero sinalou que, desde logo, sería "unha moi boa ministra", e que hai que "ir paso a paso".