CRTVG

Buscar

Valentín González, alcalde das Pontes: "Endesa actuou de mala fe"

Publicado o 25/01/2021 21:30

Valentín González Formoso, alcalde das Pontes: "Mañá porase enriba da mesa un informe elaborado polo Ministerio de Transición Ecolóxica, pola Consellería de Industria e polo propio Concello. O informe di todo o contrario do que emitiu a empresa. A decisión da empresa estaba tomada desde hai máis dun ano, malia facer probas con biocombustibles. O que agochan as probas durante un ano é un engano á sociedade galega, ás administracións públicas e á sociedade en xeral. Lonxe de comprometerse cos bos resultados das probas, o que agocha Endesa é o peche da central térmica e o aproveitamento das redes de evacuación que esta central deixaría ociosas no momento en que se desmantelase... A empresa estalle dando as costas á sociedade galega e actúa de mala fe".

Noticias web

25/01/2021