CRTVG

Buscar

Tráfico recadou en Galicia máis de 240 millóns nos primeiros dez meses do 2017

Publicado o 06/03/2018 09:09

A DXT recadou nos 10 primeiros meses do ano pasado máis de 241 millóns de euros en multas, das que un 31% son por exceso de velocidade. Entre as provincias que máis recadan están as da Coruña e Pontevedra, e o radar que máis multas por exceso de velocidade xera en Galicia está no concello de Redondela.

Entre xaneiro e outubro de 2017 os condutores pagamos máis de 240 millóns de euros en multas por infraccións de tráfico. Á falta dos datos definitivos que recollan os últimos meses do ano, Tráfico impuxo 3,8 millóns de sancións nos 10 primeiros meses do ano pasado. Entre as provincias que máis cartos recadan atopamos dúas galegas. A Coruña, con 9 millóns e medio de euros, sitúase en quinto lugar, e Pontevedra, con case 8 millóns e medio, no sexto posto. Unha clasificación que está liderada por Madrid, seguido por Malaga, Sevilla e Valencia.

O radar fixo que máis multas impón en toda España está en Xaén, na autovía A-44. Neses 10 meses acumula máis de 55.000 sancións. No referido a Galicia, o posto número 1 ocúpao o radar situado na estrada N-550 que une Redondela e O Porriño.

Noticias web

06/03/2018