CRTVG

Buscar

Entran en vigor as restricións ao lecer nocturno e a fumar en Madrid tras a súa ratificación xudicial

Publicado o 28/08/2020 16:50

A Comunidade de Madrid mostrou a súa satisfacción porque o Tribunal Superior de Xustiza de Madrid ratificase as limitacións para reducir contagios como non fumar a menos de dous metros e considera que estas medidas están xa en vigor e son de "aplicación inmediata".

O conselleiro de Xustiza, Interior e Vítimas, Enrique López, celebrou en declaracións remitidas aos xornalistas a "claridade" da decisión do TSJM, que anulou o fallo dun xuíz que non ratificaba as restricións, ao considerar que non era necesaria esta validación.

"Satisfacción, porque isto vai dirixido a protexer a saúde pública e estas medidas están adoptadas nesta liña, aínda que supoñan nalgún caso algún tipo de limitación a un dereito fundamental", valorou López.

O responsable madrileño de Xustiza defendeu que as administracións deben dar "seguridade e certeza" e por iso "non é bo xerar confusión". 

Noticias web

28/08/2020