CRTVG

Buscar

Entran en vigor as novas medidas de restricións

Publicado o 16/07/2021 22:59

• Os concellos de Ourense, Barbadás, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e O Barco de Valdeorras sitúanse no nivel alto de restricións

• Limítanse as xuntanzas na hostalería a un máximo de seis persoas no interior e, a dez nos espazos exteriores e terrazas

Entran en vigor as novas medidas de restricións

Ás 00:00 horas deste sábado entraron en vigor as novas medidas de restrición en Galicia. A Xunta decidiu limitar as xuntanzas na hostalería a un máximo de seis persoas no interior e, a dez nos espazos exteriores e terrazas, en todos os niveis, salvo no máximo (neste intres non hai ningún concello), en que segue a prohibición de abrir no interior dos locais.

Para entrar en todos os locais de ocio nocturno haberá que presentar unha proba negativa ou o certificado de vacinación completo en todos os concellos, salvo nos que permanecen en nivel medio baixo, cuxa obriga será a partir do vindeiro martes. 

As novas restricións de reunións son polo momento recomendables para os domicilios e o ámbito privado, pero non se descarta facelas obrigatorias se a situación non mellora.

En nivel alto de restricións están os concellos de Ourense, Barbadás, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e O Barco de Valdeorras.

Nestes concellos, o interior da hostalería mantense pechado e as terrazas poden abrir cun aforo do 50%. A ocupación de cada mesa será dun máximo de 10 persoas non conviventes e o ocio nocturno non pode abrir.

No nivel medio Culleredo, Porto do Son, O Carballiño, Ribadavia, Sarria, Sanxenxo, Poio, A Pobra do Caramiñal, Marín, Pontevedra, Redondela, Vigo, Caldas de Reis, Salceda de Caselas e Boiro.

Nestes concellos, o interior da hostalería pode abrir cun límite de aforo do 30% e as terrazas ao 50%. Dez persoas como máximo nas mesas de exterior e seis nas do interior. Permítese a actividade dos locais de ocio nocturno cunha proba negativa ou o carné de vacinación.

Noticias web

16/07/2021