Primeira noite de lecer en pubs e discotecas co novo protocolo anticovid
Primeira noite de lecer en pubs e discotecas co novo protocolo anticovid. Os locais que se acollen ao nivel máximo de seguridade poderán abrir ata as catro da mañá e ampliar a ocupación ata o 100 % no exterior e ao 75% no interior, ata un máximo de 2.000 persoas.
Hai dous niveis no protocolo. No nivel básico mantense a ocupación do 50% do interior e do 75% na terraza e poderán abrir ata as tres da mañá. Haberá medidores de C02 e máscaras.
O certificado da covid obtense coa pauta completa da vacinación ou cunha PCR realizada como máximo 72 horas antes ou un test de antíxenos 48 horas antes. Desde o sector do lecer nocturno valoran positivamente este protocolo que, así xa non dependerá da situación epidemiolóxica de cada concello.
A xustiza avalou a esixencia do certificado da covid porque argumentan que é unha medida voluntaria tanto para os establecementos que queiran aplicala coma para as persoas que queiran acceder a estes locais. Tamén que está limitada no tempo, ata o videiro 23 de outubro.