CRTVG

Buscar

Entra en vigor a nova factura da luz por tramos horarios

Publicado o 31/05/2021 20:38

Este martes entra en en vigor a tarifa por tramos. Son tres. A máis cara, de dez da mañá a dúas da tarde e de seis a dez da noite. A tarifa intermedia é de oito a dez da mañá, de dúas a seis da tarde e de dez a doce da noite. A máis barata, dende a medianoite ata as oito da mañá, ademais de festivos e fins de semana. Estes cambios aplícanse automaticamente aos consumidores con tarifa regulada. Os do mercado libre deberán consultar o seu contrato.

O Goberno quere que cambiemos hábitos domésticos, pero na rúa ven difícil combinar estes tramos cos horarios laborais e de conciliación. Para Facua, o novo sistema tarifario denigra os consumidores máis vulnerables; a organización pide que se dea marcha atrás.