CRTVG

Buscar

Entra en vigor en Galicia o seguro covid para turistas

Publicado o 04/06/2021 20:08

Na clausura do foro sobre turismo na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, celebrado en Saxenxo, Feijóo detallou que o seguro Covid financia os gastos de hotel na corentena, a hospitalización e mesmo a repatriación sanitaria ao país de orixe das persoas infectadas de visita en Galicia. 

 "É o que entendemos como resposta útil para tentar acreditar que Galicia é, probablemente, un dos lugares máis seguros de Europa para descansar", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

O presidente da Xunta anima ao goberno central a inmunizar os turistas para recuperar a actividade e o emprego no sector.

 "España debe facer un esforzo por seguir comprando vacinas e -por que non?-, facilitar a calquera persoa que nos visite a vacina. Sen dúbida é un investimento interesante", asegura Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

O presidente da Rexión norte de Portugal, Antonio Cunha, e os da patronal española CEOE e CEPYME participaron no foro.


 

 

 

Noticias web

04/06/2021