CRTVG

Buscar

A nova prórroga dos ERTE trae máis sectores protexidos e trámites máis simples

Publicado o 01/02/2021 14:28

Hoxe entra en vigor a nova prórroga dos ertes, que se poderán solicitar ata o vindeiro 31 de maio. O decreto do Goberno incorpora 47 novas empresas consideradas especialmente protexidas, como cámpings ou empresas de alugueiro de barcos, e simplifica os trámites para prorrogar expedientes xa abertos ou para cambiar a súa tipificación.

Desde xeito, as empresas con ERTE en vigor que queiran mantelos non terán que tramitar unha nova solicitude; será suficiente con que o comuniquen á autoridade laboral.

Polo demáis, mantéñense tres tipos de ERTE: por impedimento da actividade, por limitación desta ou para sectores ultraprotexidos. Os traballadores afectados percibirán o 70 por cento da base reguladora, e as empresas terán exencións de entre o 50 e o 70 por cento. Non poderán facer despedimentos durante seis meses, agás os disciplinarios.

Canto aos autónomos, mantéñense tamén catro tipos de prestacións: por impedimento da actividade, por unha baixada notable de ingresos, pola combinación destas dúas circunstancias ou por traballos de temporada afectados.

Noticias web

01/02/2021