CRTVG

Buscar

Entra en vigor a lei da eutanasia, pero aínda quedan aspectos por desenvolver

Publicado o 25/06/2021 08:26
Entra en vigor a lei da eutanasia, pero aínda quedan aspectos por desenvolver

Entra en vigor a lei da eutanasia. España súmase así ao reducido grupo de países que recoñecen o dereito de solicitar e recibir axuda para morrer en determinados supostos de enfermidade incurable ou que causa un sufrimento insoportable. Malia a súa entrada en vigor, aínda quedan varios aspectos por desenvolver. Un deles, a creación das comisións de garantías e avaliación que debe haber en cada comunidade autónoma. E outro, moito máis importante, a forma de regular a obxección de conciencia a que poden acollerse os médicos. Debe ser por escrito e anticipada. 

Tamén está pendente de crear o rexistro de profesionais sanitarios obxectores. Contra a lei está presentado recurso no Constitucional, que xa rexeitou a petición de Vox de suspender a súa entrada en vigor. O PP tamén vai recorrer contra ela, pero non na súa totalidade.

Noticias web

25/06/2021