CRTVG

Buscar

Enquisa do 'ABC': o PSOE perdería 19 escanos e o PP podería gobernar con Vox

Publicado o 26/07/2021 12:51

Enquisa do ABC sobre intención de voto. O PSOE perdería 19 escanos respecto ás eleccións xerais e o PP quedaría como forza máis votada con 139 deputados, 50 máis que agora. Podería sumar maioría absoluta con Vox. A enquisa realizouse a semana pasada, xa con novo Goberno constituído.

E outra enquisa, publicada por El Mundo, que compara sondaxes de varios países, conclúe que Pedro Sánchez é o líder europeo peor valorado entre os seus cidadáns. Puntúano cun 4,26. A enquisa tamén revela que a gran prioridade para os españois é o crecemento económico, mentres que no resto de Europa a prioridade é a ecoloxía.

O PP di que as enquisas dan unha idea do desgaste de Sánchez. 

Noticias web

26/07/2021