CRTVG

Buscar

Enorme decepción no Baxi Ferrol

Publicado o 25/05/2020 21:57

O Baxi Ferrol é un dos equipos máis prexudicados pola decisión da Federación Española de Baloncesto de dar por rematada a temporada sen xogar fases de ascenso. O equipo departamental acaba na segunda praza do seu grupo logo dunha campaña excepcional. Ademais, presentara a súa candidatura para acoller os play-offs de ascenso. O presidente do Universitario de Ferrol non pode agochar a súa decepción. 

Noticias web

25/05/2020