CRTVG

Buscar

Partidarios e detractores de Bolsonaro enfróntanse pola xestión da crise do coronavirus

Publicado o 01/06/2020 08:40
Partidarios e detractores de Bolsonaro enfróntanse pola xestión da crise do coronavirus

Tamén houbo enfrontamentos no Brasil entre partidarios e detractores do presidente do país pola xestión da crise do coronavirus.

Houbo incidentes en varias cidades, pero os máis graves ocorreron en São Paulo, onde os partidarios de Bolsonaro saíron ás rúas para esixir o peche do Parlamento e unha intervención militar. Coincidiron cun grupo que convococara outra protesta en defensa da democracia.

Os disturbios acabaron con varias persoas feridas. O Brasil é o segundo país con máis contaxios de coronavirus no mundo, só por detrás dos Estados Unidos.

Noticias web

01/06/2020