CRTVG

Buscar

Enferma un segundo voluntario da vacina de Oxford contra a covid-19

Publicado o 21/09/2020 16:42

Enferma un segundo voluntario da vacina de Oxford contra o coronavirus. Ten un trastorno neurolóxico.

A compañía AstraZeneca e a Universidade de Oxford aseguran que non hai evidencias de que a enfermidade fose provocada pola vacina. Din que esta reacción tivo lugar antes de que se paralizasen os ensaios hai unha semana por outro caso similar.

Con todo, as dúbidas sobre os efectos da vacina xa están a repercutir nos mercados. A bolsa rexistrou fortes caídas nos sectores do turismo e a banca.

Noticias web

21/09/2020