CRTVG

Buscar

Endurécense as restricións en varios concellos da comarca do Barbanza

Publicado o 21/05/2021 15:18

Na comarca do Barbanza haberá cambios a partir do sábado. A Pobra, Boiro e Rianxo endurecen restricións e Ribeira queda como estaba, en nivel alto. Estivo pechada case todo o mes de abril, e antes de que remate maio, A Pobra volven aumentar restricións. Teñen 32 casos activos, e case todos da última semana.

Igual que xa sucede en Ribeira, os bares da Pobra pecharán a partir do sábado no interior e nas terrazas só servirán a metade das mesas. En Boiro e Rianxo a situación é algo mellor, pero tamén haberá cambios polo aumento de contaxios.

Os hostaleiros terán tamén que recortar ocupación, neste caso 30% no interior e 50% nas terrazas. A boa nova é que algúns amplían horario ata a unha da mañá. Malia que no Barbanza se nota certa fatiga pandémica, tamén son moitos os que pensan que o peor pasou e que, superados estes gromos, o verán será tranquilo grazas ás vacinas.

 

 

Noticias web

21/05/2021