CRTVG

Buscar

Endurécense as restricións en Cangas tras dispararse os contaxios: hai 65 casos activos

Publicado o 14/05/2021 14:25

A rutina dos cangueses volve a estar marcada polas restricións. A hostalería volve pechar no interior e só pode atender ao 50 % nas terrazas. Na vila hai 65 casos activos, case a metade foron detectados na última semana.

Os contaxios disparáronse tras detectarse os primeiros casos do gromo na conserveira. Relacionados co gromo hai 46 contaxios, 16 son traballadores e o resto familiares e contactos estreitos. A incidencia acumulada da vila sitúase nos 244 casos por cada cen mil habitantes.

Noticias web

14/05/2021