A central das Pontes estudará se pode operar cunha mestura de carbón e biocarburantes
Esta é a imaxe que presenta hoxe a central térmica das Pontes. As chemineas fumean de novo, aínda que nesta xornada só para preparar as probas que nos próximos días deberán demostrar se é viable producir electricidade cunha mestura de carbón e biocombustibles que permita reducir as emisións de CO2.
Os resultados destas probas, que seguen directamente na central técnicos do Instituto para a divesificación e o aforro de enerxía, coñeceranse a semana que vén. Os traballadores cren que serán Endesa e o Goberno central os que deban achegar unha solución.
Para finais deste mes de outubro agárdase unha nova xuntanza en Madrid da comisión de seguimento, que deberá propoñer unha folla de ruta que garanta a transición ordenada que reclaman nas Pontes.