CRTVG

Buscar

Endesa prepara a factoría das Pontes para volver arrancar de novo con carbón

Publicado o 07/10/2021 16:13

A luz en máximos e o prezo do gas disparado poden ser unha oportunidade para a comarca de Ferrolterra. Reganosa está en niveis récord de actividade. E nas Pontes, Endesa está volvendo a comprar carbón.

Esta térmica comezou os preparativos para poder arrancar de novo a central con carbón. Red Eléctrica Española, que depende do Goberno, pediulle a Endesa que estea lista, e a empresa xa mercou o carbón. Na práctica, o executivo está a recuar na estratexia de transición enerxética que o levaba a sentenciar empresas coma esta das Pontes.

Para poder cumprir coas necesidades do sistema eléctrico precisa botar man dos traballadores que tivo que desprazar a outros puntos. Así o confirman desde o comité de empresa. Tamén as empresas auxiliares revisan os procesos de despedimento en marcha.

 

 

Noticias web

07/10/2021