Endesa insiste en pechar a central das Pontes de García Rodríguez o próximo verán
Publicado o 26/11/2020 08:46
Endesa reitera a súa intención de pechar a central térmica das Pontes a mediados do ano que vén. Así o recolle no plan estratéxico da compañía para os próximos tres anos.
A central das Pontes conta con catro grupos de xeración de enerxía por carbón; dous deles funcionan ao mínimo e nos outros estanse a facer probas cunha mestura de carbón e biocombustibles. O resultado desas probas decidiría se a empresa pecha todos os grupos no verán do ano que vén.