Endesa apura os pasos para pechar definitivamente a central das Pontes
Publicado o 02/07/2020 15:07
Outra das industrias históricas galegas, a térmica de Endesa, apura os pasos para pechar definitivamente a central de As Pontes. Xa lle remitiu ao Ministerio de Transición Ecolóxica o proxecto de clausura do complexo, malia as presións de traballadores e de camioneiros.
A compañía accedeu a facer probas con biocarburantes, pero agora busca o visto e prace definitivo de Madrid para o seu plan de desmantelamento das instalacións.